viernes, 27 de abril de 2018

VERACIDADE CATASTRAL / VERACIDAD CATASTRAL

 No aire queda....!!!
Todos estamos a tramitar nas notarias declaracións de obra nova de unifamiliares, ben sexa no medio rural ou urbano, para inmatriculación rexistral para o que se está esixindo coincidencia coa información derivada da certificación catastral.
Ate aquí, ningún problema, unicamente o meu persoal sobre as dúbidas que teño no que atinxe á veracidade, ou presunta veracidade catastral.
Entón, establecemos como superficie construída da edificación a resultante da certificación catastral e, adiante....
Opinión persoal...? Mal feito.... E, porqué..?
Vexamos....
Na dirección xeral do catastro, a efectos de cómputo tributario, din: "Los balcones, terrazas, porches y demás elementos análogos que estén cubiertos computan al 50% de su superficie, salvo que estén cerrados por tres de sus cuatro orientaciones, en cuyo caso computan al 100%". Paréceme axeitado.
Agora vexamos a norma ou costume, non sei cal das dúas, que emprega a administración catastral para a aplicación do anterior: Estiman a metade da superficie do balcón, terraza ou pórche e aplícanlle o tipo evaluatorio da ponencia catastral. Ningún problema no resultado do valor catastral, pero.... Oh sorpresa... na certificación catastral o que aparece é a superficie computable a efectos tributarios, e dicir, no caso de balcóns, terrazas ou porches só se reflicte a metade da superficie.
Persoalmente considero que, por puro sentido común, o mais coherente debería de ser estimar o 100% da superficie destes elementos construtivos e aplicarlle un coeficiente do 0,50 ao tipo evaluatorio da ponencia catastral, conseguindo de este xeito unha certificación catastral acorde coas superficies reais da edificación.
En tanto en canto isto non se arranxe imos seguir rexistrando unifamiliares con superficies construídas erróneas cando teñamos balcóns, terrazas ou porches, porque os rexistradores da propiedade esixirán sempre a certificación catastral pola súa contrastada “veracidade”.
Espero comentarios..
Saudiños

___________________________________________________________________________________

En el aire queda....!!!
Como técnicos estamos tramitando en las notarias declaraciones de obra nueva de unifamiliares, bien sea en medio rural o urbano, para inmatriculación registral para lo cual se está exigiendo coincidencia con la información derivada de la certificación catastral. Hasta aquí, ningún problema, únicamente el mío personal sobre las dudas que tengo en lo que se refiere a la veracidad, o presunta veracidad catastral.
Entonces, establecemos como superficie construida de la edificación la resultante de la certificación catastral y, adelante....
Opinión personal...? Mal hecho.... Y, porqué..?
Veamos.... En la dirección general del catastro, a efectos de cómputo tributario, dicen: "Los balcones, terrazas, porches y demás elementos análogos que estén cubiertos computan al 50% de su superficie, salvo que estén cerrados por tres de sus cuatro orientaciones, en cuyo caso computan al 100%". Me parece adecuado.
Ahora veamos la norma o costumbre, ignoro cual de las dos, que emplea la administración catastral para la aplicación de lo anterior: Estiman la mitad de la superficie del balcón, terraza o pórche y le aplican el tipo evaluatorio de la ponencia catastral. De este modo, ningún problema en el resultado del valor catastral, pero.... Oh sorpresa...!!, en la certificación catastral lo que aparece es la superficie computable a efectos tributarios, es decir, en el caso de balcones, terrazas o porches sólo se refleja la mitad de la superficie.
Personalmente considero que, por puro sentido común, lo mas coherente debería de ser estimar el 100% de la superficie de estos elementos constructivos y aplicarle un coeficiente del 0,50 al tipo evaluatorio de la ponencia catastral, consiguiendo de esta manera una certificación catastral acorde con las superficies reales de la edificación.
En tanto en cuanto esto no se arregle vamos a seguir registrando unifamiliares con superficies construidas erróneas cuando tengamos balcones, terrazas o porches, porque los registradores de la propiedad exigirán siempre la certificación catastral por su contrastada “veracidad”.
Espero comentarios..
Saludos...

viernes, 7 de febrero de 2014

A XUSTIZA FACENDO E A XUNTA DESFACENDO

UNHA REFLEXIÓN PARTICULAR 

A Xunta de Galicia ven de publicar a “LEI9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia na que establece a disposición derradeira primeira que modifica o “Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo” . Esta disposición derradeira primeira, na redacción do seu punto sétimo, aféctanos aos Enxeñeiros Técnicos Agrícolas como tramitadores que somos de expedientes de liquidación de impostos cedidos polo Estado a Comunidade Autónoma (sucesións, doazóns, transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados).
O texto transcrito di:
Sete. O artigo 27.Tres terá a seguinte redacción:
«Tres. Prezos medios de mercado
1. Nas comprobacións de valor de inmobles polo medio establecido no artigo 57.1º.c) da Lei 58/2003, xeral tributaria, a Administración tributaria aprobará e publicará a metodoloxía empregada no cálculo, que incluirá as táboas dos propios prezos medios resultantes ou ben as táboas das compoñentes ou valores básicos (solo, construción e gastos/beneficios), así como dos coeficientes singularizadores. Estes últimos teñen como finalidade adaptar os prezos medios á realidade física do ben que se vai valorar e recollen a variabilidade do valor en función das características particulares do ben. Esta normativa técnica aprobarase mediante orde da consellaría competente en materia de facenda.
As táboas actualizaranse periodicamente conforme as variacións do mercado inmobiliario, e poderán adoptarse, para este caso, os índices de variación de prezos inmobiliarios publicados polas distintas administracións públicas ou por institucións especializadas en estatística inmobiliaria.
O proceso de singularización pódeo facer de oficio a Administración cando teña constancia da existencia da singularidade ou por requirimento do administrado mediante a indicación da presenza desta. En calquera caso, o órgano liquidador poderá aplicar o correspondente coeficiente que recolla o feito singular posto de manifesto sen necesidade dunha peritaxe, sempre que o valor do coeficiente estea parametrizado segundo esta normativa.
Será suficiente a motivación da comprobación de valor que inclúa unha correcta identificación do ben, unha aplicación do prezo medio que corresponda e unha adaptación deste ao caso concreto a través dos coeficientes singularizadores que determine a normativa técnica sinalada no punto primeiro.
2. As comprobacións de valor dos inmobles a través de prezos medios de mercado poderán realizarse de forma automatizada a través de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos, de acordo co establecido no artigo 96 da Lei 58/2003, xeral tributaria.»
O texto subliñado é a modificación esencial que se fai dá disposición “Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo” e de xeito claro e unha Lei que vai en contra dás derradeiras sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Existen aló menos tres Sentenzas do TSXG polas cales non é admisible como medio de comprobación nin como motivación dabondo de valores a sinxela aplicación da Orde de Prezos Medios de 28 de xullo de 2011 da Consellería de Facenda sen que exista concreción cas características singulares de cada un dos predios obxecto de valoración que non ha ser abstracta, en función de módulos e parámetros xerais, e obrigatoriamente confeccionada por un técnico competente, ponderando as características concretas de cada un dos bens a valorar e aplicando os coeficientes correctores que singularizan tales características con criterios técnicos e non con métodos mecánicos e automatizados que desvirtúan o procedemento de comprobación de valores e crean unha total indefensión do suxeito pasivo, obrigándoo como último recurso a acudir á Taxación Pericial Contraditoria. (Véxase Sentenzas T.S.X. GALICIA CON/AD SEC.4 A Coruña: 00216/2013, 00251/2013 y 343/2013).
Pois ben, atopámonos perante unha disposición lexislativa pola que as características concretas dos bens van poder ser establecidas polo ORGANO LIQUIDADOR E SEN A NECESIDADE DE UNHA PERITAXE. Está ben clara a pretensión da Xunta, que é nin mais nin menos que dotar de facultades por Lei a quen non a ten, - calquera funcionario da Conselleria de Facenda ou Oficinas Liquidadoras, sen titulación axeitada e sen coñecementos en materia valoradora -, os que poderán ponderar as características propias dos bens a valorar aplicando os módulos unitarios e coeficientes establecidos na Orde de Prezos. Un autentico despropósito que se une ao que en por si xa é a Orde de Prezos, que por moito que se diga dende a Xunta de Galicia e da Consellería de Facenda, e unha base de datos xurdida dos despachos, creada única e exclusivamente con afáns recaudatorios, sen base técnica algunha e sen os preceptivos estudos de mercado que sen dúbida ían batela por terra.
Pódese logo dicir, que coma sempre, a administración autonómica vai sempre polo camiño mais longo. Cando por activa e por pasiva a administración de xustiza, a instancia dos suxeitos pasivos, está a dicir que a Orde de Prezos non é admisible como medio de comprobación, tal e como se aplica na actualidade pola Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), a Xunta empéñase, unha e outra vez, e xa van varias, en intentar facela admisible “contra legem” meténdonola, dobrada e á calada, formando parte das disposicións finais de unha Lei de Emprendemento que non ten relación algunha coa Orde de Prezos Medios nin coa finalidade dista.
E, digo eu.....
¿Non sería mellor e mais axeitado refacer a Orde de Prezos con un bo estudo de mercado dos prezos da terra?
Hai que facer constar, no que atinxe aos prezos da terra, que a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia publica anualmente estes prezos na súa WEB, prezos obtidos de estudos de mercado, prezos que si amosan, en xeral, a realidade do mercado e que nada teñen que ver cos publicados na Orde de Prezos Medios da Consellería da Facenda, pertencente á mesma administración autonómica.
Non cabe dúbida de que os técnicos do noso colectivo asesoramos aos nosos clientes no senso de opoñerse a toda  comprobación de prezos nas liquidacións de impostos de sucesións, donacións e transmisións patrimoniais que veña baseada en módulos que non sexan acordes ao mercado por excesivos, como ven sendo o caso dende a publicación da Orde de Prezos Medios. Penso que non erro se digo que no caso de que a tan traída e levada Orde fora coherente co mercado e axeitada a realidade non habería tanta saturación nas Oficinas Liquidadoras, nin na ATRIGA, nin no TEAR, nin no TSXG.
¿Será tan complexo?
  
                Asdo.: Enrique Fernández López
Enxeñeiro Técnico Agrícola
Colexiado 604 COETA-AC

jueves, 1 de noviembre de 2012

Ritos sen copyright


Hoxe nin Kico de Baio nin Eu estamos nada finos e non temos conversa fluída. ¿Será porque mañan é a festa do final do verán e das colleitas; o comezo da época escura?. O primeiro de novembro; "Tódolos Santos".
Pois pode ser..... certo é que, para uns mais que para outros, o baixón anímico nestas datas e un feito demostrado cientificamente de xeito que din que baixa a produción de neurotransmisores no cerebro, baixada que nos sume nun estado de melancolía que en algúns casos, en suxeitos con predisposición para elo, se traduce nunha depresión.
Pois iso… ¡que estamos espesos!... e as conversas foron dando, sen querelo, indo e vindo, no “jalogüín”. Mira ti que terá que ver unha cousa coa outra. Pois sí. O “jalogüin” (que nada ten que ver co polo de Bill Gates) din que procede do “samaín”, un antigo rito celta co que se celebraba o remate das colleitas e o final do verán, a chegada do duro e triste inverno, rito que saltou o charco cos irlandeses emigrantes a América onde se mesturou con outros ritos dos indíxenas norteamericanos ate chegar ó “truco ou trato” que nos devolveron, non fai moito tempo, todo hai que dicilo, e que imos ter que escoitar se remedio estes días.
Entón resulta que, lóxicamente, Kico de Baio e mais Eu sufrimos este estado de tristura e melancolía por mor de uns individuos do cáucaso, ou de por alá, que se lles dou por invadir o resto de Europa e mesturarse co resto de pobos que se atopaban polo camiño. Será logo......
Pero non nos quedamos niso. Falando…, falando… coas relixións topamos; e aquí e cando o resultado das nosas conversas poden desgustar a  alguén……… pero……(“o bledo”.¿acordádesvos da primeira entrega?)
Demos en falar da habilidade que teñen as diferentes relixións, en especial a católica, en facer súas e darlle bombo a datas representativas das culturas pagás, chegando a unhas conclusións moi curiosas que non vos vou a contar por respecto ao meu interlocutor que non asina este texto. Pero, pola contra, si vos deixo un “corta e pega” que nos proporcionou o noso estimado “guguel”, traducido a nosa lingua tamén coa axuda do noso estimado “guguel” e que ven a ser, mais ou menos, o mesmo que non vos quixen contar antes, xa digo, sempre por respecto ao interlocutor.

¿CRISTIÁNS OU PAGÁS?
O NADAL E EPIFANÍA
Ata o século IV de nosa era non se comezou a celebrar o nacemento de Xesucristo, pero sen concretar, pola tradición unha data fixa. Así, houbo dúas datas: 25 de decembro e 6 de xaneiro. A primeira é a que se instituíu no Imperio Romano de Occidente, mentres que a segunda foino no de Oriente. Agora ben, estas datas non teñen unha certeza cronolóxica coa verdadeira data de nacemento de Xesucristo, pero se teñen unha coincidencia coas festividades pagás, das relixións clásicas, tanto romanas como helenísticas (incluída a exipcia).
Imos analizalas por separado:
25 de decembro: Era coñecida no impero occidental como as festas do solsticio de inverno, polo tanto un culto pagán. Nel celebrábase o termo do acurtamento das noites e o triunfo do "deus sol", co alongamento do día. Foi entre os anos 324-325 d.c. cando se decidiu a súa institución como festa cristiá, pasando de conmemorar a chegada do inverno ao nacemento do Salvador.
Outra importante festa coincidía en tempo e era a celebración do nacemento de Horus, ou a resurrección de Osiris, nacido dunha virxe (Isis) e que seguía sendo virxe despois do alumeamento.
6 de xaneiro: Era a data de conmemoración da "festa da luz"; nesta festa celebrábase o nacemento do Sol, así en Alexandría, a noite do 5 ao 6 de xaneiro recordábase o nacemento do Tempo, Aion, cunha procesión de fachos ata o templo de Korion. Na procesión entoábase o seguinte canto "A virxe deu a luz, a luz aumenta, a Virxe deu á Luz, o Aion". Este culto pasa á cultura grega i é ritualizado en toda o imperio heleno.
En canto á súa cristianización, no imperio de Oriente, como na actualidade na relixión ortodoxa grega, celébrase o nacemento de Xesús, mentres que en Occidente se institúe a Epifanía ou festa de visitación dos Reis de Oriente.
A FESTA DO NOME DO SEÑOR: ENMANUEL
Esta festa celébrase o día primeiro do ano, que coincidía coa festividade pagá clásica do novo ano.
SAN XOAN BAUTISTA
A súa celebración coincide co solsticio de verán, é dicir, o 24 de xuño. Este era un dos días centrais das relixións pagás, o día do culto ao "deus sol". Era unha festa estendida por todo o mundo antigo, partindo do culto a Rá, o deus sol para os exipcios, cuxa deidade foi asumida con distintos nomes polas culturas helena, en primeiro lugar, e despois pola romana.
O ritual era parecido ao da actualidade: Na noite, a máis curta do ano, acendíanse fogueiras as cales había que saltar como acto de purificación interior, de liberación de pecados e de malos espíritos. Na súa cristianización, como é obvio mantense este sentido; aplícaselle a San Xoán Bautista, o profeta que predicaba o bautismo de arrepentimento dos pecados.
SEMANA SANTA
Como nas festas do Nadal, a súa conmemoración comeza no século IV D. C. e como nesta tamén ten a súa base nunha celebración pagá: o culto ao deus Atis, celebrándose a súa morte e a súa posterior resurrección.
O noso Señor Xesucristo non nos manda recordar a súa morte e resurrección de forma especial nunha data determinada, senón conmemoralo sempre que tomemos a Santa Cea.
PASCUA DE RESURRECCIÓN
A festa da Pascua celébrase sempre o primeiro domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera, por iso o seu carácter cambiante. Ben, esta festa é similar a outra exipcia que se celebraba o mesmo día, para conmemorar a entrada de Osiris na lúa.
FESTIVIDADE DO 15 DE AGOSTO
Para o catolicismo neste día celébrase a ascensión de María ao ceo. Este feito, como a maioría dos que estamos analizando aquí, carece de base bíblica, pois é unha tradición que ata o ano 1950 non foi obxecto de dogma de Fe.
Como en todas as festividades analizadas ten unha coincidencia pagá: a mediados de agosto celebrábase na antiga Grecia e en Roma, o culto a Hécate - Artemisa - Diana, "deusa da Lúa e Raíña do Ceo", con obxecto de evitar que enviase as tormentas que tan daniñas son para as colleitas nestas datas.
AS FESTAS LOCAIS
En todas as localidades, xa sexan europeas como americanas, temos festas locais sempre celebradas en nome dunha advocación mariana ou dun santo, patrón de devandita localidade. Esta tradición de novo ten o seu transfundo pagán, posto que antes da entrada da fe cristiá como relixión oficial, as localidades tiñan unha deidade "patroa" que lles infundira protección e por suposto, tiñan as súas festas conmemorativas. Así, como a maioría das festividades, foi cristianizada eliminado a suposta protección dunha deidade pagá, pasando a súa suposta protección a un santo ou á mesmísima María, nalgunha das súas numerosas advocacións.
TODOS LOS SANTOS E DEFUNTOS
A véspera do 1 de novembro coincidía cunha festividade, pagá, celta, a do "Samhein" ou “Samaín”, festa que marcaba o final do verán e das colleitas, para pasar aos días de frío e de escuridade. Nesa noite críase que o deus da morte facía volver aos mortos, permitindo comunicarse así cos seus antepasados. Tamén esta práctica era habitual no pobo romano, pois o 21 de febreiro celebraban a festa de "Feralia" axudando coas súas oracións á paz e o descanso dos seus defuntos.
Na tradición católica esta festividade iníciase cando o "Papa" Bonifacio IV, o 13 de Maio do 609 ou 610, consagrou o "Panteón de Agripa" ao culto da "Virxe e os mártires", comezando así unha festa para conmemorar a eses santos anónimos, descoñecidos pola maioría da cristiandade, pero que pola súa fe e obras, son dignos de recoñecemento por toda a humanidade.
É o Papa Gregorio III (731-741) o que cambia a data do 13 de maio á do primeiro de novembro. O porqué xa o coñecemos, asegurarse así a conversión, a calquera prezo, destes pobos, adoptando así prácticas pagás”. 
Pois….. aí queda iso…. Cada un que o tome como queira, pero isto é palabra de “guguel” e está alí escrito.
A versión orixinal está aquí: http://perso.wanadoo.es/fcomorillo/catolico/rituales.htm
Sen mais por hoxe.

viernes, 19 de octubre de 2012

¿Está pechada a ferida?


     E certo que no prólogo que iniciei como arrancadeira do meu "blog" deixei abertas unha serie de preguntas que dixen ia ir desenvolvendo co tempo......no sei se serei quen..... pero hoxe xúrdeme outra non tan profunda, aínda que algo ten que ver coa profundidade.

     ¿Está curada a ferida do Prestige?

    Estes días estase a cumprir o décimo aniversario da visita, parada e fonda a pensión completa de un dinosauro do mar pola nosa Costa da Morte. Ben e certo que moitos dos visitantes que veñen a nosa Costa téntalles moito quedarse para sempre e este vaia se o fixo, por suposto, non sen antes amosarnos toda a merda que levaba no seu aparato dixestivo.
      Imaxino que non serei o único que se fai esta pregunta... ¿Curada ou non..?

A Pedra da Ferida
     Din que si, que a ferida de fai dez anos está curada por mor da impresionante capacidade do mar de corrixir as desfeitas do “homo sapiens”, pero non podemos esquecer que en moita parte foi tamén  por mor dos atentos coidados de miles de enfermeiros sen nómina que, como enfermeiros que eran, ían vestidos de branco cando empezaban a xornada e retornaban ao catre pola noite coas petadas do sangue negro da ferida. Entre estes enfermeiros non estiven eu.... nin fun limpar a ferida....nin fun ver como a curaban, ...no quixen velo, preferín recordar ao enfermo tal e como o coñecía antes e ir a visitalo cando a súa recuperación xa era un feito. Mal que me pese foi a miña decisión e da que non me arrepinto.

    
Non son quen de contradicir aos entendidos na materia, mellor para todos que esa ferida xa estea pechada e curada pero aínda queda outra ferida, i esta, polo menos para min, non está curada nin o estará ate que nos amosen o correspondente certificado médico. Na última semana sae en tódolos medios a macroxuntanza ou congreso de especialistas médicos que se está a facer en Expocoruña para determinar cal dos catro xermes nocivos para a saúde do dinosauro foi o responsable da infección da ferida ou se foi unha sinerxia de todos eles. Teñen alí expostos a tres dos xermes implicados, o cuarto non foron quen de illalo e expoñelo nun tubo de ensaio coma os outros tres.
     Supoño que diste congreso de especialistas sairá o certificado médico que nos amosarán dez anos despois todos satisfeitos do seu deber cumprido. Pero a min ese certificado non me vai valer e non darei por pechada a ferida ate que saian nel o resto de xermes ou axentes patóxenos que se foron de rosiñas a infectar outros corpos que xa comezan a amosar síntomas de enfermidade.
     Non.... non está curada; nin esta ferida nin moitas outras que xa están infectadas, e imos ser nos quen teñamos que buscar o remedio, igual me da un antibiótico que un tratamento homeopático, pero hai que atopar a cura contra todos estes xermes nocivos que teñen a gran habilidade de facer unha desfeita e despois camuflarse de xeito que é case que imposible a aplicación de un tratamento efectivo que os fulmine de unha vez e para sempre.
    Unha das primeiras pegatinas de loito da Plataforma Nunca Mais foi posta por min no cristal de atrás do meu Land Rover, aínda está aí posta dez anos despois, e seguirá; é o meu desexo, que nunca mais volva a pasar o que pasou; pero eso,...... e o meu desexo que sei que é compartido por todos, incluso penso que é compartido polos xermes que se libraron do tubo de ensaio desta volta, pero moito me temo que volverá a pasar..... e ogallá que os meus temores non se cheguen a cumprir; os xermes patóxenos, a maior parte das veces, déixanse levar pola súa voracidade e antepóñena a calquera outro tipo de prioridade, así é a súa natureza.
¡¡Nunca Mais, por favor!! 


domingo, 7 de octubre de 2012

Prólogo

Fai tempo que tiña na cabeza isto de crear un blog...?... e.... bueno... a iso imos.
¿Como escomenzar?. O normal sería meterse en internet e facerlle esa mesma pregunta ó noso inseparable "guguel" pero, persoalmente considero que así tería pouco mérito, as cousas que un fai, polo menos para un mesmo, case que teñen mais valor se as consegues cometendo os erros propios de un principiante, de esa maneira, se sae ben,.... vaste sentir realizado e satisfeito..... e...., se sae mal......, é o normal ¿Non eras un principiante....?
Preséntome:

  • Nome: Kico
  • Residencia: de Baio
  • Idade: < de 50 para o que me queda de vida




O da idade irémolo desenvolvendo a medida que as miñas disertacións se vaian facendo mais filosóficas e cando empece a dar o meu parecer sobre, por exemplo, ¿que é a vida?, ¿de onde vimos?, ¿cara onde imos?, ¿que facemos aquí?, ¿existe Dios?, ¿porque Belen Esteban é tan famosa?, ¿porque sube a recollida de lixo en Zas un 100%?, etc...., en resumo, calquera das preguntas difíciles de responder e que, visto o visto, a case que ninguén lle importan un bledo.
Por certo.... Sabíades que o bledo é unha planta con propiedades medicinais, con alto valor nutritivo e que en certos lugares da "visigodia" engádeselle ao cocido.
En fin....como comenzo vouno deixar así......xa vedes de que vai ir a cousa. Segundo vaia escribindo sairán comentarios que lle gustarán a algúns, a outros non lle gustarán, haberá xente en desacordo.... ¡e a min que me importa!.... "un bledo". Pero o que si tedes que estar seguros e que o que escribo é o que penso (imos quitar o de Belén Esteban...vale?), e se algún día, por exemplo, falando de Rajoy fago un inciso e se me cola un comentario sobre marionetas, é porque a miña mente vai moi rápido i é moi asociativa, non podo controlala cando estou escribindo; ela soa...,vai e dime que son a mesma cousa, anque eu, por suposto, teña as miñas dúbidas...... ou se cadra non....
Ate a próxima que espero que non tarde..