viernes, 19 de octubre de 2012

¿Está pechada a ferida?


     E certo que no prólogo que iniciei como arrancadeira do meu "blog" deixei abertas unha serie de preguntas que dixen ia ir desenvolvendo co tempo......no sei se serei quen..... pero hoxe xúrdeme outra non tan profunda, aínda que algo ten que ver coa profundidade.

     ¿Está curada a ferida do Prestige?

    Estes días estase a cumprir o décimo aniversario da visita, parada e fonda a pensión completa de un dinosauro do mar pola nosa Costa da Morte. Ben e certo que moitos dos visitantes que veñen a nosa Costa téntalles moito quedarse para sempre e este vaia se o fixo, por suposto, non sen antes amosarnos toda a merda que levaba no seu aparato dixestivo.
      Imaxino que non serei o único que se fai esta pregunta... ¿Curada ou non..?

A Pedra da Ferida
     Din que si, que a ferida de fai dez anos está curada por mor da impresionante capacidade do mar de corrixir as desfeitas do “homo sapiens”, pero non podemos esquecer que en moita parte foi tamén  por mor dos atentos coidados de miles de enfermeiros sen nómina que, como enfermeiros que eran, ían vestidos de branco cando empezaban a xornada e retornaban ao catre pola noite coas petadas do sangue negro da ferida. Entre estes enfermeiros non estiven eu.... nin fun limpar a ferida....nin fun ver como a curaban, ...no quixen velo, preferín recordar ao enfermo tal e como o coñecía antes e ir a visitalo cando a súa recuperación xa era un feito. Mal que me pese foi a miña decisión e da que non me arrepinto.

    
Non son quen de contradicir aos entendidos na materia, mellor para todos que esa ferida xa estea pechada e curada pero aínda queda outra ferida, i esta, polo menos para min, non está curada nin o estará ate que nos amosen o correspondente certificado médico. Na última semana sae en tódolos medios a macroxuntanza ou congreso de especialistas médicos que se está a facer en Expocoruña para determinar cal dos catro xermes nocivos para a saúde do dinosauro foi o responsable da infección da ferida ou se foi unha sinerxia de todos eles. Teñen alí expostos a tres dos xermes implicados, o cuarto non foron quen de illalo e expoñelo nun tubo de ensaio coma os outros tres.
     Supoño que diste congreso de especialistas sairá o certificado médico que nos amosarán dez anos despois todos satisfeitos do seu deber cumprido. Pero a min ese certificado non me vai valer e non darei por pechada a ferida ate que saian nel o resto de xermes ou axentes patóxenos que se foron de rosiñas a infectar outros corpos que xa comezan a amosar síntomas de enfermidade.
     Non.... non está curada; nin esta ferida nin moitas outras que xa están infectadas, e imos ser nos quen teñamos que buscar o remedio, igual me da un antibiótico que un tratamento homeopático, pero hai que atopar a cura contra todos estes xermes nocivos que teñen a gran habilidade de facer unha desfeita e despois camuflarse de xeito que é case que imposible a aplicación de un tratamento efectivo que os fulmine de unha vez e para sempre.
    Unha das primeiras pegatinas de loito da Plataforma Nunca Mais foi posta por min no cristal de atrás do meu Land Rover, aínda está aí posta dez anos despois, e seguirá; é o meu desexo, que nunca mais volva a pasar o que pasou; pero eso,...... e o meu desexo que sei que é compartido por todos, incluso penso que é compartido polos xermes que se libraron do tubo de ensaio desta volta, pero moito me temo que volverá a pasar..... e ogallá que os meus temores non se cheguen a cumprir; os xermes patóxenos, a maior parte das veces, déixanse levar pola súa voracidade e antepóñena a calquera outro tipo de prioridade, así é a súa natureza.
¡¡Nunca Mais, por favor!! 


3 comentarios:

  1. Hola D. Kiko:

    Ante todo, saudarte e felicitarte pola nova aventura que emprendes.

    Eu tamén levo a pegatina de NUNCA MAIS, no coche, por iso, porque tampouco quero que ocurra nunca. Eu estiven alí, cando os meus ollos entre bagoas, viron as olas, de cor negro, romper naquela fermosa costa. Ainda hoxe recordo o olor a morte que desprendian, por iso, NUNCA MAIS. Nin quero ver o mar negro nin quero voltar a ulir ese cheiro de morte que viña do mar adentro. NUNCA MAIS.

    Saudos e apertas, amigo

    Brais

    ResponderEliminar
  2. O tema é delicado..entendo que ninguén no seu sano xuizo fai naufragar un barco..os accidentes pódense previr e desa falta de previsión é culpable moita xente, mais da que está sentada no banquillo..O que mais me jode é a mentira e a manipulación tan habitual nestes tempos.. Esa é a ferida que penso eu sigue aberta!
    saúdos e boa singladura capitán!

    ResponderEliminar
  3. Desde la distancia y sin poder acercarme a curar al herido, observaba con frustración y enfado. Hermana, amigos, conocidos de Toledo, y resto de comunidad y de Andalucía vinieron en sus días de vacaciones a tratar de curar a un enfermo que no lo estaba por ser débil sino por la negligencia de los que debían velar por él, negligencia que por cierto no existe. A partir de ahora, pacientes del mundo, si enfermáis porque el médico os deja material dentro, recordar que la culpa es vuestra.
    Con qué cara se le dice a los que se sacrificaron en la cura que no pasa nada, tranquilo petroleros del mundo, pasar por Galicia que por aquí, no hay problema incluso aunque los haya.
    No sé qué es más triste la catástrofe de hace 11 años o la vergüenza de que todo quede así.

    Lurdes.

    ResponderEliminar